Galicia,

a terra dos recunchos con microclima. A vella de pano verde que queda soa á saída da misa. Cremos coñecer a nosa terra mentres esmorece adoecida.

 

As portas quedaron caladas, non se escoita petar. Tan só o ruído da choiva cando nelas bate, tan só o estalar da madeira ó quentala o sol.

Porque as fiestras xa non teñen máis reflexo que o das arañeiras que agardan unha mosca que busca a liberdade.

Cada día son máis lembranzas de anos atrás. O tempo non se detivo, igual que a xente.

Fuximos do acotío buscando o que cremos é mellor vida. Para que un día descubramos aqueles sabores que nos fan volver á aldea.

Lembranzas do pobre soñador que creu que o pobo, a cidade era mellor. De roupa de domingo toda a semana pero que cada día senta á mesa para xantar o froito do traballo de labregas e gandeiros.

Terras esquecidas do arado, do rebulir do maio, do peso do gando. Quen vos vai traballar?

 

 

 

 

 

 

É a nosa reflexión preocupados polo abandono da agricultura e gandería, se o campo non dá froitos, non hai para xantar.

Tomemos conciencia do valor que teñen os profesionais do agro, eses que noutrora tiveron o cualificativo despectivo de “campesino”.

Os campesiños e campesiñas que decidiron montar a súa empresa traballando no campo forman a base da pirámide sen a cal non hai pilares nos que se asente a sociedade na que vivimos.

O Alcacén aposta polo pequeno produtor que coñece a terra que traballa, que sabe sacarlle proveito co máximo respecto para acadar un produto da máis alta calidade.

Valoremos aos nosos profesionais do agro, ben merecido o teñen.

 

 

 

 

 

“Orixe galega, tradición artesá e identitaria”

 

 

1 Comment

  1. AffiliateLabz 16 febrero, 2020

    Great content! Super high-quality! Keep it up! 🙂

    Reply

Leave a Comment

Your email address will not be published.

Your Comment*

Name*

Email*

Website*