Castañas Galegas

4.4014.52 I.V.A. Incluído

As castañas galegas son un acompañante ideal para pratos doces e salgados aportándolle un aroma e sabor doce desta variedade de castaña case exclusiva da Serra de O Caurel.

Ademais, desta mesma Serra de O Caurel, ofrecémosvos unha variedade de marmeladas ecolóxicas de amoras silvestres procedentes da Serra de O Caurel que conta coas propiedades que lle confiren estes froitos. Entre as súas propiedades curativas podemos destacar os malestares gástricos e intestinais e pola alta cantidade de Vitamina C e minerais son idóneas para os estados gripais. As marmeladas poderás atopalas na sección de Marmelada e Marmelo.

SKU: N/D Categoría: Etiquetas: , , , ,
Limpiar

castaña galega, froito do castiñeiro (Castanea vulgaris), é ricas en hidratos de carbono representando o 40%, ten poucas graxas (2%) e proteínas (2%).  Aporta moitas vitaminas do grupo B e vitamina C e entre os minerais destaca o seu contido en potasio e ferro. Destacamos o potasio polas súas propiedades para controlar a retención de líquidos e o ferro para a produción de hemoglobina.

Estas propiedades da castaña fan que sexa un alimento de baixo contido enerxético na que os hidratos de carbono contribúen a manter equilibrados os niveis de azucre e diminuír a sensación de fame. Grazas á cantidade de fibra que conteñen axuda ao tracto intestinal pero tamén estimula o funcionamento do sistema nervioso, contribúe ao mantemento do sistema óseo e son cardioprotectoras.

Caurelor é unha empresa sita na Serra de O Caurel baseada na transformación artesanal e ecolóxica dos seus froitos como son as castañas, arandos, amoras, noces, etc. Valoran o respecto polo seu entorno único facendo o seu traballo de xeito natural, sen uso de fitosanitarios nin conservantes, o que lle confire aos seus produtos un intenso sabor.

Peso N/D
Variedades

Castañas en almibar lixeiro ecolóxico 370g, Castañas cocidas con chourizo e panceta, Castañas cocidas ao baleiro convencionais 500g, Crema extra de castañas ecolóxicas 200g, Castañas secas pilongas 500g