Chourizo de cabaza

6.33 I.V.A. Incluído

Un chourizo co sabor de sempre pero 100% vexetal que lle confire un alto valor nutritivo e un baixo aporte calórico, rico en antioxidantes e unha fonte de fibra 

SKU: N/D Categoría: Etiquetas: , , ,
Limpiar

Chourizo de cabaza, un chourizo feito en Galicia con ingredientes procedentes de cultivos respetuosos co medio ambiente. Con unha receita tradicional galega e un curado e afumado con madeira de carballo. Esta elaboración fai que este chourizo de cabaza sexa un chourizo galego innovador que conserva a tradición deste embutido.

Un chourizo co sabor de sempre pero 100% vexetal que lle confire un alto valor nutritivo, un baixo aporte calórico, rico en antioxidantes e unha fonte de fibra.

Calabizo é unha empresa de tres emprendedoras que combinan a experiencia na restauración, na enxeñería agrónoma e no marketing e vendas para levar a cabo a súa idea dunha alimentación artesanal con una produto respectuoso e co mellor sabor.

Ingredientes: cabaza, cebola, allo, pementón, ourego, sal e aceite de oliva virxe extra.

Intolerancias: Non contén glute, lácteos, ovo, conservantes, colorantes nin aditivos. Aptos para vexetarianos, veganos, celíacos, intolerantes á lactosa, alérxicos á proteína do leite, hipercolesterolémicos, dietas hipocalóricas, etc. e para todas as persoas interesadas en unha alimentación saudable.

Caducidade e conservación: consumo preferente de  1 ano, non precisa frío pero conservar en lugar fresco e seco. Unha vez aberto o produto seguirá o seu proceso natural de curado.

Peso N/D
Sabor

doce, picante