Galletas Artesás de Nata

6.5914.30 I.V.A. Incluído

Galletas Artesás de Nata. Fariña, nata e azucre. Tres ingredientes ecolóxicos para elaborar artesanalmente as galletas artesás de nata “Maruxas”. Un sabor intenso que nos transporta ao rural galego para saborear os produtos froito da terra coidada co agarimo e respecto da xente que valora o seu.

SKU: N/D Categoría: Etiquetas: , , , , , , ,
Limpiar

As galletas artesás de nata están elaboradas con nata procedente da propia gandería galega con certificación de leite ecolóxico, elabóranse as Maruxas, unhas galletas artesás de nata que nos transporta ao pasado para lembrar ese sabor xa case esquecido.

Os seus ingredientes ecolóxicos permítennos tomar alimentos cheos de enzimas, vitaminas, minerais e miles de bacterias beneficiosas xa que, no caso da nata ao proceder de leite de vacas alimentadas con pasto fresco, mantén toda as súas propiedades sen necesidade de ter que ser enriquecida de forma artificial.

O seu consumo moderado apórtanos os ácidos graxos esenciais para un desenvolvemento físico e mental correcto. En casos de osteoporose, debilidade dental o seu consumo considérase como un aporte extra de calcio grazas á nata que leva entre os seus ingredientes e que lle aporta Vitamina D necesaria para que o corpo absorba o calcio.

Ingredientes: xerme de fariña de trigo ecolóxico, nata de produción ecolóxica galega (37.5%) e azucre de caña de cultivo ecolóxico.

Valor nutricional por 100g

Valor enerxético 2186.7KJ/522.9Kcal

Graxas 27.7g das cales saturadas 19.5g

Hidratos de Carbono 61.3g dos cales azucres 23.5g

Fibra 2g

Proteínas 6.1g

Sal 0.02g

Consumo preferente de 9 meses.

 

As Maruxas recibiron varios premios nacionais e internacionais:

Premio Excelencia á Innovación para Mulleres Rurais. Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño. 2011

Premio Alimentos de España, Muller Emprendedora. Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente 2012

International Superior Taste& Quality Award, 2013 (Premio Internacional Superior ao Sabor e á Calidade ) do iTQi (Instituto Internacional do Sabor e a Calidade ). Bruselas

Zoco De Ouro, Recuperación de Sabores 2012

Peso N/D
Cantidade

Caixa 200g, Bolsa 400g, Bote 500g