Pastas de té galegas

4.959.29 I.V.A. Incluído

SKU: N/D Categoría: Etiquetas: , , , , ,
Limpiar

3 variedades de pastas de té galegas para facer da nosa hora doce do día un momento de goce natural co sabor do traballo feito, o agarimo das mans galegas e coa receita tradicional só con produtos naturais.
3 pastas delicatessen amásanse nun obradoiro familiar formado por Patricia, Susana e María José e naceu no ano 2012 en Meis. Da súa propia receita de pastas de té foron innovando ata chegares a elaborar tres variedades diferentes feitas con ingredientes naturais sen conservantes nin colorantes: cukiñas, albariñas e marelas
A masa das albariñas elabórase con manteiga pura de vaca, albariño e zume de laranxa natural. E para facer máis saboroso o noso momento doce tamén poden levar raiadura de chocolate. Entre as súas variedades temos de manteiga, albaricoque, canela, améndoa ou chocolate. Todas coa forma de folla de parra.
As cukiñas poden ser de canela, con améndoas, de manteiga, de canela ou de chocolate.
As marelas están elaboradas con auga ardente e un toque de canela.

Peso N/D
Variedades

Cukiñas, Albariñas, Albariñas con chocolate, Marelas